Gmail estrea respostas intelixentes en español

mércores, 26 de xullo do 2017 Marcus Fernández

Esta semana a aplicación de Gmail para iOS e para Android recibe a funcionalidade de Smart Replay ou Resposta Intelixente en español, ou sexa, que se empregamos o correo electrónico de Google en español teremos a opción de responder as mensaxes recibidas dun xeito máis áxiles valéndonos de respostas rápidas suxeridas pola propia aplicación.
A aplicación suxeriranos 3 textos de resposta, que poderemos deixar como están (de querer responder ao momento) ou editalos (para dar unha resposta máis personalizada e precisa) pero en calquera dos casos supón un aforro de tempo.
Estas suxestións por parte de Gmail desenvólvense mediante machine learning, ou sexa, que a tecnoloxía de intelixencia artificial de Google aprende do que escribimos nas nosas mensaxes para ofrecer opcións acordes ao noso comportamento habitual (ou sexa, que procurará imitar o estilo de escritura do usuario).

PUBLICIDADE