Gmail estrea panel de vista previa

venres, 5 de agosto do 2011 Marcus Fernández

O servizo de correo electrónico vía web de Google ten cada vez máis posibilidades para os seus usuarios, e agora na súa sección de Labs aparece a opción de habilitar un chamado Panel de vista previa, que facilita les as mensaxes de e-mail xunto á listaxe de conversas, axilizando a lectura e engadindo contexto ás mensaxes.
O panel de vista previa pode activarse e desactivase mediante un botón que aparece na parte dereita da pantalla, podendo configurase para a súa disposición tanto en vertical como en horizontal, agradecendo esta última os que carguen Gmail a pantalla completa nun monitor panorámico, pois dese xeito aproveitan mellor o espazo en pantalla e gozan dunha maior produtividade no uso do seu lector web de correo electrónico.
Esta nova funcionalidade tamén conta cunha opción configurable que marca o tempo que tarda unha mensaxe vista deste xeito en marcarse como lida (o tempo predefinido é de 3 segundos).

PUBLICIDADE