Gilberto Gil pide na Campus Party unha tecnoloxía humanizada

venres, 23 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Gilberto Gil durante a súa actuación na Campus Party brasileira

A Campus Party que esta semana estase a celebrar no Brasil contou coa presenza do músico e ex-ministro de cultura do país, Gilberto Gil, que aínda que non visite aos campuseiros coma político, aproveitou a súa aparición non só para cantar varios dos seus temas máis coñecidos, senón tamén para falar do seu parecer sobre o camiño que debe seguir a evolución da Internet e as novas tecnoloxías, pois defende que «as tecnoloxías deberían estar ao servizo das persoas, estar humanizadas» para o que a sociedade debería «marcar a dirección e o significado destas novas tecnoloxías».
Gil tamén animou aos presentes a «esixir ao Goberno que explique en qué punto está a migración dos sistemas internos a software libre desenvolvido aquí, no Brasil, que era unha proposta que realizouse no seu momento». Deixou así clara a súa reivindicación a prol do software libre, eido no que Brasil pretende ser referente mundial.

PUBLICIDADE