Getty abre o seu banco de imaxes a espazos web sen fin comercial

xoves, 6 de marzo do 2014 Marcus Fernández

En vista de que milleiros de publicacións non profesionais na Internet precisan de imaxes para ilustrar os seus textos, e que tenden a collelos indiscriminadamente da web, dende Getty Images decidiron ofrecer un xeito legal de utilizar os seus contidos en espazos web sen fin comercial, de xeito que os seus contidos manteñen ligazóns ao seu servizo en liña de adquisición de imaxes.
Deste xeito, a partir de agora poderemos explorar o inmenso catálogo fotográfico de Getty e, en moitas sas súas fotografías atoparemos na súa parte inferior unha icona co símbolo que achegará o código HTML que poderemos incrustar na nosa páxina web ou blog para facer uso de balde dunha fotografía deste inmenso banco de imaxes, dun xeito semellante a como habitualmente se fai con vídeos de YouTube ou imaxes de Flickr.

PUBLICIDADE