Galicia ponse en segundo lugar en crecemento de factura electrónica
martes, 12 de maio do 2015
Galicia vén de
situarse en
segundo lugar na clasificación de comunidades que atinxe ao nivel de
uso da e-factura, só por detrás de Asturias. Estes e outros
datos figuran no Estudo
de Implantación da Factura Electrónica en España realizado polo
grupo Seres,
empresa que incide no importante avance levado a cabo en 2014 no
emprego deste servizo dixital a nivel español (a media de todas as
comunidades): pasouse dunha taxa de medre do 5,2% en 2013 ao 13,6%.
Asemade, a investigación sinala que durante o primeiro semestre de
2014 as empresas estatais
intercambiaron un total de 67.134.211
facturas electrónicas como
dixemos, un 13,6%
máis que no mesmo
período do ano anterior).
No informe dise
que a aposta por esta metodoloxía electrónica posibilitou un aforro
de preto de 332
millóns de euros en recepción de facturas
e 188 millóns na
súa emisión. Como
dixemos, as comunidades onde
máis medra o número de emisores son Asturias
(1,02%), Galicia
(0,88%) Madrid
(0,48%). Pola
contra, en Murcia
descende un 0,45%. Polo que
atinxe ao número de empresas
receptoras hai “poucas variacións”, exceptuando a suba en Madrid
dun 0,82% e o descenso en Andalucía dun 0,79%.
En canto ás áreas
de actividade, o
sector servizos aumentou a súa participación un 20,08% na emisión
e un 23,36% na recepción. No
estudo dise que a suba débese, en boa medida, á entreda en vigor da
Lei 25/2013, que obriga
ao emprego desta metodoloxía dixital a
partir do 15 de xaneiro de 2015 nos
trámites coas administracións.