Galicia Hoxe renova a súa páxina web

luns, 22 de marzo do 2010 Marcus Fernández

A cabeceira de prensa diaria en galego de referencia na nosa comunidade, Galicia Hoxe, vén de renovar a súa páxina web cun deseño máis moderno que permite amosar máis novas e imaxes na súa portada, así coma ver vídeos da canle televisiva do seu grupo editorial (Correo TV), escoitar cortes sonoros de Radio Obradoiro e compartir contidos dun xeito máis doado coa páxina web de El Correo Gallego. Pero non só cambia o molde da versión dixital de Galicia Hoxe, senón que tamén muda de dominio da Internet, perdendo o seu guión e quedando nun sinxelo galiciahoxe.com.
A nova estrutura da web de Galicia Hoxe reforza especialmente a sección de opinión, que agora amosa en portada as fotografías dos colabores xunto ao seu nome e o título do artigo que publican. Tamén facilítase a interacción dos lectores a través de enquisas e valorando os contidos (o que permite consultar tamén o listaxe do máis visto e o máis valorado polo público).
Os distintos artigos publicados tamén presentan a posibilidade de modificar o tamaño das súas tipografías, cunha versión optimizada para a impresión e coa posibilidade de remitirse a distintos servizos coma Facebook, Twitter ou Chuza.

PUBLICIDADE