Galaxia presenta un libro-DVD que pescuda os pasos de Vidal Bolaño
xoves, 2 de maio do 2013
A
Feira do Libro de Santiago acolleu este mércores a presentación do
libro Un
chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal
Bolaño.
A obra en cuestión, un percorrido pola vida e obra do autor
homenaxeado este ano no Día das Letras galegas, inclúe un DVD cun
documental de Gonzalo Enríquez Veloso sobre a repercusión do rico e
innovador legado literario do autor de Mar
revolto.
A
achega en cuestión, informaron os autores, é
un libro-DVD “con
dúas realidades e un único obxectivo”.
A primeira destas
realidade está na pantalla, da man do documental de Gonzalo Veloso.
Unha
obra que serve entre outras cousas para achegarnos á realidade das
persoas que viviron preto do autor: a
familia, os amigos, os compañeiros de profesión e as
investigadoras, todos
eles ollando
baixo o chapeu negro para relatar quen era Roberto Vidal Bolaño,
“amosando
unha singular visión que, sen dúbida, axudará a comprender mellor
a súa obra”,
informa
Enríquez Veloso.
A
segunda realidade está no libro, no texto escrito por Montse Pena
Presas, que se
lanza a amosar o que había tralo nariz de pallaso que ostentaba, en
moitas aparicións públicas, o autor homenaxeado. A escritora adopta
para este achegamento un ton “lúdico
e ao mesmo tempo rigoroso”,
facendo uso del para abordar as grandes particularidades da obra de
Vidal Bolaño. O libro-DVD está a ser lanzado pola Editorial
Galaxia.