Galactea-Plus presentará os seus servizos de transferencia de tecnoloxÃa na Tecnópole
venres, 15 de maio do 2009
O vindeiro luns, 18 de maio, o CIS
Galicia, o nodo galego da rede Enterprise Europe
Network, responsable dos servizos de transferencia de tecnoloxÃa, dará
a coñecer a nova rede de servizos tecnolóxicos na que participa a través do
consorcio Galactea-Plus.
O acto terá lugar en Ourense, nun
almorzo tecnolóxico coorganizado coa Tecnópole onde as empresas que forman
parte da asociación coñecerán a iniciativa de primeira man.
Os responsables do proxecto, xestionado pola Unidade de Vixilancia e Transferencia Tecnolóxica do CIS Galicia,
explicarán dun xeito práctico e didáctico os servizos de fomento da
transferencia da tecnoloxÃa e da innovación que levan prestando de balde ao
empresariado e institucións galegas dende hai case unha década.
A Unidade conta
cunha ampla experiencia que se remonta ao ano 2000 no que se incorpora á
antiga rede europea de Centros de Enlace
para a Innovación coma o punto de contacto para fomentar a transferencia de
tecnoloxÃa en Galicia, labor que continúa exercendo hoxe en dÃa a través da
Enterprise Europe Network creada no ano 2008.
A Enterprise Europe Network, con preto
de 600 organizacións en máis de 40 paÃses, é a meirande rede europea de apoio
ás pequenas e medianas empresas; o CIS Galicia, que é o nodo galego da
devandita rede, dará a coñecer o seu proxecto Galactea-Plus en diversas roldas
de presentación que terán continuidade ao longo do desenvolvemento da
iniciativa, que rematará a finais do ano 2013.
O obxectivo é que todas as empresas
galegas (ou a lo menos o maior número delas posible) se beneficien deste
proxecto e dos servizos que ofrece, aumentando asà as posibilidades de
desenvolver o seu potencial competitivo e innovador.
O abano de servizos para pequenas e
medianas empresas que abrangue o Galantea-Plus van dende a simple resposta a
unha dúbida en concreto sobre lexislación, oportunidades de financiamento,
acceso a programas… ata servizos dun valor engadido como o fomento da
cooperación empresarial, a internacionalización e o fomento da innovación
mediante a transferencia de tecnoloxÃa e a participación en proxectos.
A Unidade de Vixilancia e Transferencia
Tecnolóxica ubicada nas instalacións do Centro de Innovación e Servizos
en Ferrol, participa na Enterprise
Europe Network a través do consorcio Galactea-Plus,
formado por oito entidades de Asturias,
Cantabria, Castela e León e máis Galicia.