GOI pecha unha rolda de financiamento de 200.000 euros

martes, 2 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

A plataforma que conecta a transportistas particulares e profesionais fundada pola coruñesa Yaiza Canosa, GOI, alcumada como o BlaBlaCar da paquetería, non só está a medrar en usuarios e captar moita atención mediática como acontece con case todas as plataformas disruptivas que levan un paso adiante a economía colaborativa, senón que tamén está no punto de mira de investidores e, de feito, parece que a fortuna sorrí a esta iniciativa emprendedora, xa que vén de pechar unha rolda de financiamento de 200.000 euros liderada polo fillo de galegos Carlos Blanco, quen destaca o espírito emprendedor de Canosa, o rápido crecemento de GOI (que en poucas semanas chegou aos 20.000 usuarios) e o potencial de crecemento e internacionalización do proxecto, que busca liderar o mercado español a curto prazo para saltar tamén a América latina en poucos meses.
Unha magnífica nova para o emprendemento, que ve así como cando un proxecto demostra o seu potencial, pode conseguir apoios que contribúan a sentar uns alicerces sobre os que construír empresas solventes que incluso cheguen a ser auténticos referentes no seu ámbito.

PUBLICIDADE