GAIN e a CEO celebran o 2 de maio unha xornada informativa sobre InnovaPEME e DeseñaPEME

martes, 26 de abril do 2022 S. P.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), celebra o vindeiro luns 2 de maio unha xornada informativa para presentar as principais novidades ​dos programas de fomento da innovación InnovaPEME e DeseñaPEME. O obxectivo desta xornada é presentar as principais novidades de ambos programas e dar a coñecer os requisitos e características dos mesmos, resolver as dúbidas sobre as convocatorias e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades.
Estes programas van dirixidos ás empresas da nosa terra (micro, pequena e mediana empresa con centro de traballo en Galicia), para aumentar a súa capacidade innovadora, a través de implantación de plans de innovación e ferramentas de deseño.
Programa InnovaPEME: destinado ao financiamento do custo das actividades integradas en plans de innovación, que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa.
Programa DeseñaPEME: destinado á mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade nas empresas galegas mediante a incorporación do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas-identidade corporativa.

PUBLICIDADE