Flickr achégase aos terminais Blackberry nunha aplicación de balde

martes, 10 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Os móbiles Blackberry teñen agora máis difícil o seu achegamento co servizo web Flickr, pois RIM vén de estrear unha aplicación para os seus terminais que permiten publicar na web as fotografías tomadas co móbil, etiquetalas, incluílas nun álbum, axustar o seu tamaño e mesmo xeoetiquetala (coas funcións GPS dalgúns móbiles Blackberry).
Flickr for Blackberry é unha aplicación que só ocupa 65 Kbytes, e que funciona nos dispositivos Blackberry coa versión 4.2 ou superior do seu software.

PUBLICIDADE