Fisterra formou en creatividade TIC a 75 rapazas e rapaces

venres, 24 de agosto do 2018 Fernando Sarasketa

O Concello de Fisterra quere fomentar a creatividade tecnolóxica entre a rapazada local: a formación TIC que non se limita simplemente a formar. Este 23 de agosto, sen ir máis lonxe, o Concello celebrou o acto de clausura dos obradoiros de informática e creación de aplicacións para dispositivos móbiles dirixidos a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 17 anos. Os cursos desenvolvéronse nos meses de xullo e agosto desta verán e neles participaron 75 rapazas e rapaces.
O acto desenvolveuse no salón de actos do consistorio. A entrega de diplomas foi cometido da concelleira de Cultura, Educación e TIC, Teresa Fernández Martínez e, máis do tenente de alcalde Xan Carlos Sar Oliveira.
Como dixemos, nas actividades formativas participaron un total de 75 nenos e adolescentes, que puideron entrar en contacto directo coas principais vantaxes das novas ferramentas dixitais e, tamén, cos recursos e metodoloxías máis indicados para crear eles mesmos estas ferramentas dixitais. Tamén se achegaron á realidade da edición de videos, música, retoque dixital, linguaxes de programación e aplicacións web.

PUBLICIDADE