Fisterra e Viana do Bolo estrea aulas CeMIT

xoves, 24 de marzo do 2011 Redacción

Inauguración da aula CeMIT de Fisterra (A Coruña)

A Secretaría Xeral de Medios inaugurou hoxe as aulas CeMIT dos concellos de Fisterra (A Coruña) e Viana do Bolo (Ourense), nas que investiu 200.000 euros, contando o centro de Fisterra coa presenza do alcalde, José Manuel Traba, quen conduciu a videoconferencia que se estableceu coa aula de Viana do Bolo.
A Xunta de Galicia colabora coa dotación e instalación de equipos audiovisuais e multimedia, así como co seu mantemento tecnolóxico. Ademais, incorpora o concello á Rede CeMIT para que se beneficien do traballo colaborativo en rede e da comunidade virtual CeMIT.
Ademais de dotar ás aulas CeMIT do equipamiento axeitado, a Xunta de Galicia busca que a aula CeMIT se converta nun punto de encontro dentro do concello conseguindo incorporalo como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía.

PUBLICIDADE