Firefox estrea versión móbil oficial

venres, 29 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Despois de moitos meses de traballos, numerosas versións de proba e 3 versións candidatas, sae a primeira versión final da versión móbil do navegador web Firefox para a plataforma Maemo promovida pro Nokia, de xeito que os usuarios de terminais coma o Nokia N900 poden gozar dunha versión do Firefox para o seu trebello, levando ao mesmo unha experiencia de uso e unhas prestacións comparables ás do dispositivo de escritorio, adaptándoas aos trebellos de reducido tamaño e limitados recursos coma son os móbiles.
Entre as prestacións coas que conta a versión móbil do Firefox está a Awesome Bar (que facilita chegar ás nosas páxinas web favoritas cun par de golpes de tecla cunha busca intelixente e personalizada), Weave Sync (para sincronizar pestanas, historia, favoritos e contrasinais entre o dispositivo móbil e o ordenador), engadidos (dos que xa conta cun surtido catálogo), navegación segura e dispoñibilidade en máis de 30 linguas (entre as que está o galego).
O soporte de Flash no Firefox para Maemo virá desactivado de serio, aínda que será posible modoficar tal prestación no apartado de configuración do programa. Pero esta versión móbil do Firefox para Maemo non vai estar soa moito tempo, e xa anuncian que están a traballar en versións para Windows Mobile e Android, aínda que non ha datas firmes sobre o seu lanzamento.

PUBLICIDADE