Firefox estrea versión de proba para Android

venres, 8 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Tras unha versión pre-alpha de Fennec para Android, o que pretendía adiantar o que daría de si o navegador web de Mozilla para esta plataforma, chega agora a primeira versión de proba desta aplicación que toma o seu nome oficial, de xeito que xa está dispoñible o Firefox 4 Beta para Android e Maemo, resultando nunha aplicación que inclúe prestacións coma Firefox Sync, engadidos e a barra de enderezos alucinante, incrementando o rendemento e a estabilidade con respecto das versións de probas dos últimos meses aínda que continúa a estar bastante lonxe de ser un navegador que poidan substituír á versión de Chrome que vén de xeito predeterminado en Android (especialmente no que se refire ao renderizado de fontes, que é pouco preciso e difícil de ler).
Con este novo paso dicimos adeus a Fennec coma nome de produto, e para descargar o programa debemos ir directamente á súa páxina web, non estando aínda dispoñible no Android Market.


Vídeo de presentación do Firefox 4 Beta para Android

PUBLICIDADE