Falece Paul Baran, un dos pais da conmutación de paquetes

luns, 28 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Durante a pasada fin de semana finou no seu fogar en Palo Alto (California) a unha idade de 84 anos o enxeñeiro Paul Baran, que a primeiros dos anos 60, traballando na RAND Corporation, realizou numerosas contribucións á creación de ARPANET (rede considerada como a precursora da actual Internet) ao definir os fundamentos da conmutación de paquetes, ao que tamén fixeron importantes contribucións Donald Davies (do National Physical Laboratory británico) e Leonard Kleinrock (do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts).
Baran tamén estableceu os fundamentos doutras tecnoloxías de rede, ostentando 31 patentes polos seus traballos en distintas tecnoloxías de comunicación e en 2008 recibiu a Medalla Nacional de Tecnoloxía dos EE.UU. por parte do presidente George W. Bush.

PUBLICIDADE