Facebook repasa o máis destacado de 2012 para os seus usuarios
mércores, 12 de decembro do 2012
Coincidindo coa publicación do
Zeitgeist de Google (pouco despois de que Twitter
fixese o propio) dende Facebook decidiron facer un repaso do ano 2012 dun
xeito máis gráfico, publicando un resumo
do máis destacado do ano con gráficas bastante coidades, aÃnda que
centrándose especialmente nos EE.UU. e ofrecendo a posibilidade de repasar os 20 mellores momentos do
ano da nosa biografÃa de Facebook (destaca os elementos publicados na nosa
biografÃa que provocasen a meirande interacción por parte dos nosos amigos e
tamén recolle os amigos engadidos e as páxinas gustadas este ano).
Se miramos as
tendencias rexistradas en Facebook no caso español temos que os temas
centrais serÃan relativos á vida polÃtica e social (o traballo, a folga, Rajoy
e a crise económica) seguidos por temas deportivos (Fórmual 1, La Roja, a Eurocopa e Lionel Messi).
Dende Facebook tamén quixeron analizar cales son as cancións máis populares en
España durante 2012, e sorprende ver que entre as 10 primeiras está ausente o Gangnam Style de PSY, figurando cancións
como Rayos de Sol (José de Rico) e Yo Te Esperaré (Cali y el Dandee),
seguidos de temas máis internacionais como Somebody
That I Used To Know (Gotye), Rolling
In The Deep (Adele), Someone Like You
(Adele), Sexy And I Know It (LMFAO) e
Call Me Maybe (Carly Rae Jepsen).
Para completar o barómetro español, dende Facebook recollen os lugares máis
visitados, que serÃan As Ramblas
(Barcelona), a Porta do Sol (Madrid) e o Camp Nou (Barcelona).
- Tendencias que destacaron en Facebook durante 2012