Facebook renova a súa aplicación para Android

mércores, 4 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Nas últimas horas incorporouse ao Android Market a versión 1.3 da aplicación de Facebook, que supón unha importante actualización desta ferramenta, especialmente no tocante á súa interface de usuario, que agora integra eventos de Facebook, peticións de amizade e reprodución de vídeo na propia aplicación, renovando tamén a barra de notificación, aínda que o detalle máis rechamante é que na páxina principal de Facebook para Android temos que na parte inferior da pantalla aparece un fluxo de imaxes que representa contidos compartidos polos nosos amigos (detalle no que toma dianteira á aplicación para iPhone da que parece copiar moitas das novas características).
A nova aplicación dista de ser perfecta (detectamos problemas coas notificacións, que establecen ligazóns externas que non operan axeitadamente) pero é unha importante mellora con respecto da versión anterior, facilitando o uso móbil de Facebook. A principal carencia da aplicación continúan a ser a ausencia do chat de Facebook, presente na versión da aplicación para iPhone e incluso na aplicación de Tuenti para Android.

PUBLICIDADE