Facebook potencia a creación de aplicacións móbiles e esfórzase en competir con YouTube

mércores, 25 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Facebook principiou hoxe en San Francisco o seu congreso anual para desenvolvedores, o F8, con que xuntaron a máis de 2.500 profesionais interesados en crear unha nova xeración de aplicacións que tiren proveito das tecnoloxías de Facebook, o que levou a que aproveitasen a ocasións para dar a coñecer máis de 25 produtos e ferramentas que contribuirán a que os desenvolvedores poidan crear, mellorar e rendibilizar as súas aplicacións móbiles.

O Messenger de Facebook ábrese ás aplicacións

Entre as novas tecnoloxías presentadas destaca especialmente a Plataforma Messenger, que presenta un novo xeito para que as aplicacións se integren co Messenger de Facebook a través de GIF, fotografías, vídeos, audio... facilitan así a creación de aplicacións que poidan integrarse nesta ferramenta de mensaxería empregada actualmente por máis de 600 millóns de usuarios en todo o mundo.
Nesta liña Facebook tamén está a traballar en Business on Messenger, solución da que simplemente deron un adianto, e que permitirá que as empresas poidan interactuar cos seus clientes a través de Messenger, o que permitiría, por exemplo, recibir confirmacións de pedidos, actualizacións do seguimento dos envíos e outro tipo de accións dende a propia aplicación de correo instantáneo.

Facebook está a evolucionar para acoller texto, imaxes, vídeos e tamén contidos en 360 graos

O Parse de Facebook tamén ábrese agora á Internet das Cousas, facilitando a creación de aplicacións para dispositivos conectados, de xeito que dende portas de garaxe e detectores de fume até pulseiras poderán beneficiarse desta tecnoloxía; tamén se actualizan os Plugins Sociais, que permitirán incrustar o reprodutor de vídeo de Facebook en calquera lugar da web (deixando claro que queren competir con YouTube); e incluso avanzan que van integrar en Facebook a posibilidade de ver vídeos en 360º, como está a probar YouTube dende hai poucos días, e que parece responder ao feito de que Facebook adquiriu Oculus (xa que Zuckerberg confía en que a realidade virtual sexa unha tecnoloxía disruptiva de grande peso nos vindeiros anos).

<script>(function(d, s, id) {
var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0];
if (d.getElementById(id)) return;
js = d.createElement(s); js.id = id;
js.src = "//connect.facebook.net/gl_ES/sdk.js#xfbml=1&appId=208644589202101&version=v2.3";
fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs);
}(document, 'script', 'facebook-jssdk'));</script>


Finalmente podemos incrustar vídeos de Facebook na web

PUBLICIDADE