Facebook permitirá facer grupos para universidades

xoves, 12 de abril do 2012 Marcus Fernández

Para contribuír á creación de comunidades virtuais ao redor das universidades Facebook anuncia Groups for Schools, que permitirá aos usuarios que conten cun enderezo electrónico activo das súa universidade a participación en grupos relativos aos mesmos, para atopar grupos de estudo, comunicarse con outros alumnos e profesores, informarse de eventos, compartir fotografías ou documentos para traballos de clase.
Esta nova funcionalidade irase espallando internacionalmente de xeito gradual, sendo xa posible inscribirse para recibir un aviso cando estea dispoñible na nosa universidade. Dá a impresión de que Facebook busca achegarse a contorno educativos para evitar que eles mesmos desenvolvan as súas plataformas sociais, que curiosamente foron o xermolo de Facebook nos EE.UU.

PUBLICIDADE