Facebook permite fixar puntos de interese nos vídeos en 360 graos

mércores, 10 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Facebook é unha das poucas plataformas que incorpora soporte nativo para vídeo en 360 graos, o que provocou que fose todo un éxito, con máis de 250.000 vídeos subidos neste formato dende o pasado mes de setembro, polo que agora buscan levar un pouco máis adiante as experiencias inmersivas e presentan dúas novas ferramentas para os editores de contido en vídeo de 360 graos: a Guía (que permite unha especie de viaxe guiada polos vídeos de 360 graos, para permitir que o usuario non se perda ningún momento importante mentres ve o vídeo relaxado) e o Heatmap ou mapa térmico (ferramenta estatística que presenta as porcións do vídeo de 360 graos ás que a audiencia dedica máis atención).
A Guía permite que cando subamos un vídeo de 360 graos a Facebook, identificado como tal, accederemos a un editor de vídeo que permitiranos movernos na súa liña de tempo para marcar os momentos que o usuario non debería perderse, de xeito que cando estea a perderse polo vídeo e chegue o intre marcado como punto de interese, o ángulo da cámara moverase para que o usuario non perda esa peza chave.
Por outra banda, coa mapas térmicos será posible coñecer os elementos dos vídeos de 360 graos que resultan máis atractivos para os espectadores, o que axudan a identificar o comportamento dos espectadores, para así tamén adaptar os contidos para que resulten máis interesantes, resultando tamén de utilidade para saber se é preciso crear un punto de interese na Guía.

PUBLICIDADE