Facebook mellora a velocidade da súa aplicación para Windows Phone 8

luns, 17 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Dá a impresión de que as aplicacións móbiles nas últimas semanas están a optar por actualizarse, non para incorporar numerosas novidades, senón para mellorar o seu rendemento, como é o caso da versión 4.1.0.0 da de Facebook para Windows Phone 8, que aparenta ser idéntica que a súa versión anterior, pero que mellorou considerablemente a súa velocidade, o que é un dos camiños que está a seguir a Facebook nos últimos meses, mellorando tamén as súas aplicacións para Android e iPhone.
Entre as vantaxes que supón esta aplicación para Windows Phone 8 figuran a posibilidade de poder colocar elementos de Facebook (a bandexa de entrada, os eventos ou os lugares próximos) no menú de inicio e a posibilidade de colocar as fotografías de Facebook na pantalla de desbloqueo.

PUBLICIDADE