Facebook incorpora notificación push no iPhone

xoves, 7 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

A aplicación de Facebook para o iPhone é unha das máis populares para o móbil de Apple, pois permite controlar a nosa actividade nas redes sociais dende calquera lugar, pero vén de dar un paso adiante na súa integración co iPhone ao actualizarse incorporando notificacións push e sincronización de contactos.
As notificacións push permiten que as actualizacións que queiramos aparezan automaticamente no móbil sen precisar de ter aberta a aplicación de Facebook a cada momento, mentres que a sincronización de contactos permítenos engadir as imaxes dos perfís de Facebook aos contactos coincidentes coa nosa axenda no móbil.
As actualizacións que podemos elixir para a súa transformación en notificacións push son as correspondentes a mensaxes, publicacións no muro, solicitudes de amizade, confirmacións de amizade, etiquetas de fotos, eventos e comentarios, de xeito que un usuario pode activar ou desactivar as que considere máis importantes, en boa medida para evitar que as notificacións estean a chegar constantemente (o que farían bastante incómoda esta prestación).

PUBLICIDADE