Facebook estrea unha aplicación fotográfica para iPhone

xoves, 24 de maio do 2012 Marcus Fernández

Dende Facebook anuncian hoxe unha nova aplicación móbil que facilita e axiliza o uso das fotografías na súa plataforma social, de xeito que cando abrimos a aplicación nun iPhone ou iPod Touch podemos ver as fotografías dos nosos amigos, podendo incluso desprazarnos polos álbums fotográficos que comparten deslizando as imaxes co dedo. Esta ferramenta tamén permite compartir dun xeito rápido varias das fotografías do nosos terminal (ás que tamén podemos engadir un texto descritivo) ou incluso empregar a cámara do móbil para subir unha imaxe a Facebook ao momento. Non lle faltan opcións de edición rápida de fotografía ou etiquetado das persoas que aparecen nas mesmas.
A aplicación está xa na App Store norteamericana, e é de agardar que nas vindeiras horas chegue ao polo momento non está dispoñible no resto de tendas de descargas internacionais, véndose o seu lanzamento como unha consecuencia da compra de Instagram por parte de Facebook. Agora restará ver como evolucionarán os usuarios de Instagram e Facebook Camera nos vindeiros meses, para poder ponderar se a estratexia de Facebook a este respecto resultou atinada.

Facebook Camera fai doado compartir grupos de fotografías

PUBLICIDADE