Facebook estrea o seu App Center

venres, 8 de xuño do 2012 Marcus Fernández

O mes pasado Facebook adiantou que estaba a preparar unha tenda de aplicacións de seu, e finalmente xa temos aquí o App Center, un novo lugar onde atopar aplicacións móbiles e webapps como Draw Something, Pinterest, Jetpack Joyride ou Ghost Recon Commander, que destacan todas por ter certo compoñente social. A plataforma de distribución destas aplicacións está dispoñible tanto vía web como nas aplicacións de Facebook para iOS e Android, e no caso de aplicacións móbiles que precisen instalación, a ferramenta de Facebook remitirá ao usuario á App Store ou a Google Play (evitando converterse nun mercado absoluto de aplicacións como a Appstore de Amazon).
As aplicacións listadas no App Center, que xa superan as 600, teñen capturas de pantalla e unha descrición detallada, facilitando moita información que axude na decisión de instalala ou non.

Con esta plataforma Facebook quere aproveitar o éxito que están a ter na actualidade as aplicacións móbiles

PUBLICIDADE