Facebook continúa a medrar en ingresos e usuarios

xoves, 24 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Aínda que é bastante habitual desconfiar da valoración económica dos grandes xigantes da Internet despois da caída das primeiras puntocom, as contas de compañías como Facebook parecen confirmar que as empresas do sector van por bo camiño, xa que os datos para o segundo trimestreo do ano amosan un crecemento de ingresos dun 61% interanual, chegando aos 2.910 millóns de dólares e un resultado neto de 791 millóns de dólares (o que supón un importante crecemento fronte aos 333 millóns do mesmo período do ano anterior).
Entre os datos máis destacables, a compañía de Mark Zuckerberg dá conta de que pechou xuño cunha media de 829 millóns de usuarios activos ao día (cun incremento interanual do 19%, desbotando o mito de que Facebook está a perder pulo), o número de usuarios móbiles ao día chegaría aos 654 millóns (medrou un 39%), e os volumes anteriores chegarían aos 1.320 e 1.070 millóns de usuarios respectivamente se os medios en ciclos mensuais. Uns datos moi sólidos para unha plataforma de comunicación social que non deixa de medrar pese a estar a achegarse ao seu nivel de saturación.

PUBLICIDADE