Facebook comeza a aceptar o uso de apelidos curiosos

luns, 9 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Caitlin Batman Shaw tivo que insistir durante 3 semanas para que o seu apelido de solteira puidese figurar en Facebook

Os nomes curiosos poden provocar problemas na Internet, e como exemplo disto temos a unha muller norteamericana que segundo The Washington Post, tivo serios problemas en Facebook, pois aínda que se rexistrou en tal plataforma sen problema utilizando o seu nome de casada (Caitlin Shaw) cando intentou engadir o seu apelido de solteira (Batman) atopou que o servizo non lle deixaba, e esforzouse (durante 3 semanas) en demostrar que non se trataba dunha broma, de xeito que finalmente puido figurar no servizo coma Caitlin Batman Shaw, pero non estamos ante un caso illado, senón que moitas outras persoas con apelidos curiosos coma Yoda, Christmas, Beer ou Kisser teñen estes tipo de problemas, aínda que parece ser que pouco a pouco (posiblemente pola repercusión mediática que están a ter estas curiosidades) dende as plataformas de redes sociais tenden a ser comprensivos con ante estes conflitos.

PUBLICIDADE