Facebook actualizará o seu sistema de mensaxerÃa
luns, 15 de novembro do 2010
- Zuckerberg presentou Facebook Messages
Pese a que nos
últimos dÃas distintos medios tecnolóxicos falaban de que Facebook estaba a
preparar unha ferramenta de correo electrónico que competirÃa co Gmail de
Google, finalmente Mark Zuckerberg amosou hoxe a renovación do
sistema de mensaxerÃa de Facebook, que pretende converterse nunha solución
de comunicación máis que poderemos empregar para contactar cos amigos coma hoxe
facemos co SMS, o chat ou o correo electrónico, e aÃnda que Facebok permitirá
que os seus usuarios obteñan enderezos rematados en @facebook.com, Facebook
Messages non será un servizo de correo electrónico, pois carece de detalles
coma o asunto ou as posibilidades de facer copias de carbón, ou sexa, que
estarÃa máis preto da mensaxerÃa instantánea ou do fracasado Google Wave.
- O servizo tamén estará accesible dende as versións móbiles de Facebook, facilitando o seu uso coma alternativa ás mensaxes de texto ou ao correo electrónico
Messages organizará as nosas conversas en función das persoas, de xeito que as
mensaxes recibidas por SMS, e-mail ou chat rematarán nun único sitio, formando
unha conversa única. AÃnda que este servizo tamén funcionará como correo
electrónico, vai colocar na súa caixa de mensaxes principais aos nosos amigos,
de xeito que o resto de mensaxes recibidas irán a un cartafol separado, o que
pode servir coma medida anti-spam, aÃnda que sempre podemos mover as mensaxes
dunha persoa que non sexa amiga nosa ao cartafol principal, de xeito que a
partires dese momento as súas mensaxes farán o mesmo de xeito automático. Tamén
será posible configurar o servizo para que rebote
todas as mensaxes que non sexan dos nosos amigos, tendo asà certo control sobre
as persoas que poden contactar con un.
Nos vindeiros meses veremos cómo Facebook Messages vai espallándose
progresivamente entre os distintos usuarios de Facebook, sendo posible
solicitar unha invitación para poder comezar pronto a gozar da nova
funcionalidade e convidar aos amigos a facer o propio, o que poderÃa provocar
unha viralidade semellante ao
lanzamento de Gmail.
VÃdeo de presentación de Facebook Messages
- Messages separa as mensaxes dos nosos amigos do resto