Facebook Live estrea subtítulos

mércores, 7 de xuño do 2017 Marcus Fernández

Para facer máis accesibles os directos de vídeo a través de Facebook os editores pode xa incorporar subtítulos nas súas retransmisións, de xeito que para os usuarios que teñan activada tal opción na súa configuración verán os subtítulos en Facebook Live sempre que estean dispoñibles.
Esta medida busca que as persoas con problemas de audición poidan gozar dos vídeos en directo (resultando tamén atractiva esta funcionalidade para cando se está a reproducir un vídeo en contornos onde non podemos gozar do son), abríndose así a unha maior participación nas retransmisións en vivo, que actualmente xa son 1 de cada 5 vídeos en Facebook.
Facebook xa contaba coa posibilidade de subir subtítulos ás páxinas de Facebook, para que os vídeos pregravados puidesen contar con subtítulos en pantalla, tanto xerados polos editores como a través dun servizo de recoñecemento de voz ofrecido por Facebook.

PUBLICIDADE