FEDEA asegura que as descargas non reduciron o negocio musical durante os últimos anos

xoves, 29 de abril do 2010 Marcus Fernández

Michele Boldrin durante a presentación do Informe

A Fundación de Estudos de Economía Aplicada (FEDEA) presentou un informe no que desbotan as principais teses da SGAE e outras entidades de xestión de dereitos de autor para xustificar medidas contra as descargas a través da Internet ao ilustrar que os ingresos da industria musical en 2005 e 2008 foron practicamente os mesmos, pois a caída nas vendas de CD traduciuse no incremento das descargas de pagamento a través da Internet e dos ingresos por concertos.
O feito de que a música en directo facturase 144 millóns de euros en 2005 e chegase aos 309 millóns en 2008, á vez que os ingresos por descargas de pagamento en móbiles e Internet pasase de 6 millóns en 2005 a 29,5 millóns en 2009 servirían para argumentar que o P2P non provocaría a caída do negocio da música, segundo conclúen o doutor en Economía Michele Boldrin e o doutor en Dereito e Economía da Complutense de Madrid Pablo Vázquez, autores do informe de FEDEA que non só desmonta os principais argumentos da SGAE para emprender certas medias de control, senón que incluso denuncia que o Goberno está a facer «o traballo sucio» ao promover leis que favorecen aos grupos de presión da industria cultural e os dereitos de propiedade intelectual por diante dos propios cidadáns.
Para FEDEA o Goberno debería atender ás recomendacións da Comisión Nacional de Competencia contra o monopolio da representación dos dereitos de propiedade intelectual e «crear un marco legal que permite o desenvolvemento dun mercado competitivo de distribución dixital de música; é dicir, onde o prezo que se cobre por descarga sexa o competitivo (que cubra custos e un rendemento razoable)».

PUBLICIDADE