FACUA denuncia a pasividade das autoridades españolas ante as prácticas publicitarias de Apple

mércores, 28 de decembro do 2011 Marcus Fernández

En setembro comentamos que FACUA-Consumidores en Acción denunciara ata o Instituto Nacional de Consumo e as administracións de Consumo autonómicas a Apple por facer crer aos seus clientes que o período de garantía dos seus produtos é de só 1 ano para que contraten o seguro AppleCare Protection Plan, recibindo a calada por resposta, o que manifestan agora que a Autoridade Antimonopolio de Italia impuxo a Apple 2 multas por un importe total de 900.000 euros por esta mesma práctica.
Dende FACUA critican a lentitude das autoridades de Consumo españolas ante denuncias por abusos e fraudes, e estiman que, de imporse algunha sanción a Apple en España, haberá que agardar 1 ou 2 anos para que se dea a coñecer (estimación que fan baseándose na súa experiencia previa ante casos semellantes), e a súa contía sería moi inferior á italiana, de xeito que nin sequera sería proporcional aos beneficios que as compañías conseguen con este tipo de irregularidades, de aí que as potenciais sancións non resulten disuasorias.
Como exemplo de sancións ridícula FACUA lembra que as autoridades de Consumo da Xunta de Andalucía só impuxo unha multa de 15.000 euros a Power Balance, compañía que conseguiu ingresos millonarios coas súas pulseiras fraudulentas.

PUBLICIDADE