Explican cómo dotar de conectividade 3G a un Asus Eee PC

venres, 28 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Imaxe da introdución da tarxeta SIM na tarxeta 3G interna

Tras explicar cómo transformar un Asus EEE PC nun equipo con pantalla táctil, dende JKKmobile nos sorprende agora cunha explicación pormenorizada na que se detalla cómo incorporar ó popular ultraportátil de Asustek conectividade 3G HSDPA.


Vídeo no que se detalla o proceso

O proceso non é apto para novatos, pero resulta moi atractivo, pois permite converter un miniordenador portátil nunha ferramenta cunha mobilidade destacable, aínda que a operación supón un gasto de 291 dólares.
JKK abriu o equipo e instaloulle unha tarxeta 3G HSDPA interna (extraída dun modem ZadaCOM 3G+ HSDPA) ó Eee PC, para o que fixo varias soldaduras de xeito que funcionaría en calquera portátil deste tipo (aínda que nalgúns modelos precisa desoldar o conector PCIe para ter espazo para a tarxeta 3G).
O Asus Eee PC de JKK destacaría agora por contar cunha pantalla táctil de 7 polgadas e banda larga móbil, o que incrementaría o seu prezo ata os 850 dólares.

PUBLICIDADE