Europa non gusta das subvencións para a TDT

venres, 29 de agosto do 2008 Marcus Fernández

A Comisión das Comunidades Europeas está a desbotar as distintas iniciativas de Alemaña para subvencionar os custos de adaptación á Televisión Dixital Terrestre, de xeito que en 2005 xa declararan incompatibles as axudas públicas en Berlín-Brandenburgo e agora repetiu a operación con Baviera, aínda que as autoridades xermanas xa decidiron botar a atrás as axudas no último momento para evitar problemas.
Estas polémicas subvencións pretendían financiar parte dos custos dos operadores privados para a transmisión do sinal dixital, polo que difiren das que existen en España, que van dirixidas principalmente aos usuarios, subvencionándose a compra de receptores e a adaptación de antenas colectivas (o que se leva feito polo momento en zonas como A Fonsagrada ou Soria, pioneiros na TDT) pero estas axudas tamén poderían ser problemáticas, xa que non respectarían o principio de neutralidade tecnolóxica (pois deixarían fóra outros xeitos de distribución do sinal televisivo, coma o cable, o ADSL, o satélite ou a Internet).

PUBLICIDADE