Estréase a web do GPS para PSP

mércores, 9 de xullo do 2008 Marcus Fernández

O 17 de xullo chega ás tendas españolas o pack Go!Explore para a PSP, que incorpora un receptor GPS e un disco UMD con mapas de España, Portugal, Reino Unido, Irlanda, Francia, Alemaña, Austria, Suíza, Italia, Países Nórdicos e Benelux. O navegador para a consola portátil de Sony funciona tanto no automóbil como a pé, e inclúe mapas tridimensionais con recreacións 3D dos principais edificios das cidades máis importantes.
Para anunciar este novo paquete Sony lanza a versión en español da páxina web de Go!Explore, accesorio que se venderá por 119 euros na súa versión básica, 149 euros con soporte para coche e 299 euros nun pack que tamén inclúe a consola PSP.

PUBLICIDADE