Estrean un Monopoly en liña baseado en Google Maps

xoves, 10 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Hasbro decidiu sorprender ao mundo presentando unha versión do seu célebre Monopoly facendo uso da tecnoloxía de Google Maps, de xeito que durante un tempo limitado (4 meses) poderase xogar de balde a un Monopoly en liña baseado en rúas reais, seguindo unha mecánica moi semellante á do xogo orixinal, pero que está a ter moitos problemas de funcionamento dende o seu lanzamento este mércores, de xeito que resulta case imposible probar as posibilidades deste Monopoly City Streets por mor do seu éxito.
Para participar neste xogo hai que darse de alta e logo botarse a mercar propiedades por todo o mundo valéndonos dun saldo inicial de 3 millóns de dólares, aínda que para poder gozar deste xogo será preciso conectarse ao mesmo cada día, para poder atender ás distintas operacións de compra-venda-aluguer do mesmo.

Este Monopoly en liña está a dar bastantes problemas por mor do seu éxito

PUBLICIDADE