Estrean na web unha parodia da biografía de Steve Jobs

mércores, 17 de abril do 2013 Marcus Fernández

Que tras o pasamento de Steve Jobs xurdiran varios proxectos cinematográficos para contar a vida do co fundador de Apple na grande pantalla causou bastante expectación, aínda que non parece que vaian ser obras salientables nin pola súa calidade artística nin pola súa fidelidade histórica (de feito, o filme jOBS adiou a súa estrea, o que consideran que é para tomar pedidas para evitar un rotundo fracaso comercial), pero este fenómeno chamou á atención da xente de Funny or Die, que decidiu lanza o seu proxecto máis ambicioso ata o momento: unha parodia de preto de 80 minutos da biografía cinematográfica que leva por título iSteve e que podemos ver de balde na web.
Nesta peza conta cun reparto bastante orixinal, adoptando o papel de Jobs o actor Justin Long (quen interpretaba ao Mac nunha serie de anuncios de Apple), mentres que Wozniak é interpretado por Jorge García (un dos actores de Perdidos).
En iSteve non atoparemos nin unha boa película, nin unha entrega tan graciosa como nos teñen afeitos dende Funny or Die, resultando complicado entender cal é o obxecto do filme, aínda que ten o seu aquel que conseguisen completar a obra antes que o resto de biografías de Jobs.

O filme conta con actores como Justin Long e Jorge García

PUBLICIDADE