Este xoves comezan as xornadas profesionais da Maker Faire Galicia
martes, 2 de xullo do 2019
Este
xoves 3 de xullo comeza en Santiago a máis importante cita
argalleira da nosa terra e unha das máis relevantes a nivel europeo:
a Maker Faire
Galicia, quinta edición. A feira, que se estenderá durante
cinco dÃas (coas tres primeiras xornadas especificamente dirixidas
ao para público profesional e as dúas últimas abertas a todos os
públicos), celebraranse
no edificio CINC da Cidade da Cultura. Organizan VermisProject, o
Concello de Santiago (Compostela Móvese) e a Fundación Cidade da
Cultura.
Durante
os tres dÃas profesionais haberá charlas e mesas redondas onde se
tratarán temas tan de actualidade como a robótica, a
ciberseguridade, o Open Data, a enerxÃa, a mobilidade ou a
Intelixencia Artificial. Serán, en total, tres temáticas por dÃa.
Participarán empresas como Iberdrola, Repsol, Cellnex ou Siemens; e
empresas galegas de recoñecido prestixio como FINSA, Plexus,
Televés, Kaleido ou Alén Space, que presentarán os seus proxectos.
Na
xornada do venres desvelaranse os 3 mellores proxectos makers
profesionais, que competirán por ese primeiro posto ante un
xurado de expertos. Finalmente rematará cun xantar networking
no que se fomentará o intercambio de opinións entre os asistentes e
os relatores. As xornadas organÃzanse en colaboración con APD, a
Xunta de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)
e o CÃrculo Financieiro de Galicia e se enmarcan dentro do Proxecto
Capacita Directivos.
Xornadas
Abertas
As
xornadas abertas a todos os públicos celebraranse os dÃas 6 e 7 de
xullo. Durante toda a fin de semana no Museo Centro Gaiás da Cidade
da Cultura de Galicia, de 10 da mañá a 8 da tarde, nenos, adultos e
maiores poderán gozar de numerosas charlas e actividades para todos
os gustos.
Entre
os relatores destaca a figura de Soledad Ayuso, unha avoa maker
que imprime todo o que se imaxina en 3D, desmitificando a idade como
un factor limitador para converternos en argalleiras e argalleiros de
tecnoloxÃa. O programa compleméntase coas charlas autoorganizadas
sobre tecnoloxÃa que xestionan desde Compostela Tech e na parte máis
cientÃfica os rapaces e rapazas de UDC Big Bang falarán sobre o 150
aniversario da táboa periódica.
No
tocante ás actividades e obradoiros que se desenvolverán durante a
feira o abano temático é ben amplo: pilotaxe de drons, creación de
microscopios caseiros, mistura de papiroflexia e electrónica,
Arduino, programación…
E
outra das actividades con maior participación será a Hebocon, unha
competición de robots absurdos que na pasada edición captou a
atención de pequenos e maiores e na que este ano animamos a todos a
participar e axudarnos a convertela na maior Hebocon de España.