Este luns 7 de maio: nova reivindicación para acadar Twitter en galego

luns, 7 de maio do 2012 Fernando Sarasketa

Este luns de maio, con motivo do primeiro aniversario da iniciativa Twitter en galego, péchanse fileiras arredor da mobilización colectiva para conseguir que o hashtag #twitterengalego sexa trending topic (TT). A idea dos responsábeis da iniciativa é acadar a máxima participación e, dentro desta participación, a máxima actividade. Só así, cunha boa xeira de achegas textuais ligadas ao dito hashtag, conseguirase a repercusión precisa para que a Twitter non lle quede outra que galeguizarse.
Cantos máis sexamos”, sinalan os internautas promotores desta campaña, “máis claro deixaremos o que queremos: un dereito para quen quere empregalo e un deber para quen o ofrece”. Nun plano máis concreto, lembrar que para lograr a máxima eficacia da reivindicación, está previsto asolagar a ferramenta @trasnlator con peticións coma esta: “@translator I and users want Twitter in Galician. We´ve created and account @tweet_en_galego for you add Galician, we are +8.000 followers”. A actividade programada para este 7 de maio comezou forte, xa que a protesta converteuse en TT estatal en apenas unha hora.

PUBLICIDADE