Este Nadal disparouse a activación de smartphones e tablets

xoves, 27 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Novas activacións rexistradas este Nadal (en millóns)

Un ano máis Flurry elaborou un estudo no que analizan o número de tablets e móbiles que se conectan á Internet, aproveitando a vaga de novos dispositivos que se estrean no Nadal e estimando que este ano en tal data teríanse activado 17,4 millóns de dispositivos o que supón un incremento interanual do 156% e do 332% se o comparamos cos primeiros 20 días do mes.
Os datos de Flurry proveñen dun catálogo de 260.000 aplicacións que cobren a iOS, Android e os dispositivos de Amazon, polo que son un bo estimador da situación do mercado. Paralelamente á activación de dispositivos tamén se rexistrou un forte incremento na descarga de aplicacións, aínda que o dato que pode resultar máis significativo da mostra deste ano é que mentres nos primeiros días do mes os dispositivos activados detectados correspondían no 80% dos casos a smartphones, ao chegar o 25 de decembro a porcentaxe mudou drasticamente e os tablets conseguiron ocupar o 51% das activacións. Enténdese así que este ano os agasallos que máis entregou Santa Claus foron iPads, iPads Mini e Amazon Kindle Fire HD de 7 polgadas.

No Nadal activáronse máis tablets que smartphones

PUBLICIDADE