Estáncanse os ingresos publicitarios de Google

venres, 18 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Cadro de evolución do incremento de ingresos de Google

No actual panorama económico (especialmente nos EE.UU.) se fala dunha crise no sector publicitario que afectaba principalmente aos medios tradicionais, mentres que os novos medios continuaban en ascenso, pero no caso de Google parece que tal situación non se traslada directamente, e Eric Schmidth tivo que facer públicos uns malos resultados económicos durante o 2º trimestre do ano, no que conseguiron unhas achegas totais de 5.367 millóns de dólares, o que supón un incremento interanual de só o 3% (mentres que no pasado exercicio tal incremento fora do 39%) de xeito que, aínda que Google estea a reforzar a súa presenza internacional e cada día teña máis servizos en funcionamento non é capaz de evitar o estancamento publicitario.
Tamén se pode destacar que estamos ate a primeira vez na que os ingresos a través da plataforma publicitaria AdSense é inferior que a do trimestre anterior, o que claramente afectou á cotización bolsista da compañía, que descendeu momentaneamente.

PUBLICIDADE