Esta semana comeza o envÃo de lectores de DNIe da campaña de Red.es
luns, 19 de outubro do 2009
A campaña
de Red.es coa que achegan 500.000 lectores de DNI electrónico de balde
(cobrando 2 euros de portes) avanza a bo ritmo, de xeito que incluso 9
comunidades autónomas esgotaron o número de dispositivos asignados para as súas
demarcacións, e dende Tractis xa anuncian que prevén que este mércores comece o
envÃo dos lectores de DNIe ao domicilio dos solicitantes, de xeito que serÃan
entregados por correo ordinario dentro de 1 ou 2 semanas.
Amais, tamén aproveitan esta campaña para dar a coñecer a web
usatudni.es, na que publican moita información relativa a cómo
utilizar o DNI electrónico e aproveitar as posibilidades que ofrece. Este espazo
explica qué é o DNIe, cómo hai que facer para utilizalo, cales son os servizos dispoñibles para o
mesmo e incluso informa puntualmente dos distintos eventos
formativos que percorren a xeografÃa española.