Escolarizando.es proponse como punto de encontro para os pais coruñeses

xoves, 18 de xullo do 2013 Marcus Fernández

A primeiros de marzo naceu un novo espazo na web para servir de punto de encontro para pais da cidade da Coruña que se preocupan pola educación (primaria e secundaria) dos seus fillos, abordando no seu blog temas relacionados co asunto, pero sen esquecer as actividades extraescolares e o lecer, de xeito que temos un caderno en liña con numerosos contidos de interese que serven de escaparate para un foro no que os usuarios comparten información de interese e opinan sobre temas de actualidade.
Escolarizando.es tamén inclúe fichas dos colexios da Coruña, onde figuran datos como o seu enderezo, os seus números de teléfono, a súa modalidade (público/concertado/privado), os niveis educativos nos que forma, o seu número de alumnos, páxinas web relacionadas cos mesmos (tanto a oficial como a de asociacións de pais, clubs deportivos, etc.), os prezos dos seus servizos, fotografías e outros datos de interese.
Este espazo tamén se apoia nunha páxina de Facebook con preto de tres milleiros de seareiros, deixando claro o interese que este proxecto en liña captou nos seus poucos meses de vida. Temos así unha boa guía cultural e escolar para os país no contorno da Coruña.

PUBLICIDADE