Entregan en Melide 30 receptores de TDT a persoas en risco de exclusión

venres, 23 de abril do 2010 Marcus Fernández

A alcaldesa de Melide, Socorro Cea, e a concelleira de Benestar, Casé Rodríguez, presidiron esta mañá o acto de entrega dos receptores de TDT

Aínda que o apagamento analóxico chegase hai varias semanas, queda xente con dificultades para a recepción da Televisión Dixital Terrestre no seu fogar por pertencer a colectivos en risco de exclusión, o que está a solucionarse con distintas campañas sociais, como a que esta semana concretouse no Salón de Plenos do Concello de Melide, onde a Concellaría de Benestar e Igualdade fixo entrega de receptores de TDT a 30 persoas maiores de 80 anos ou con deficiencias visuais ou auditivas.
Estamos ante a segunda ocasión na que en Melide fan entrega de receptores de TDT dende o departamento de Servizos Sociais, o que tamén estase a facer en moitos concellos galegos, de xeito avánzase cara á universalización do servizo de TDT en Galicia.

PUBLICIDADE