Entertainment Weekly incluirá vídeo nun dossier en papel

xoves, 20 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Despois de que a revista Esquire celebrase o seu 75º aniversario cunha portada na que facían uso de tecnoloxía de tinta electrónica, agora a canle de televisión norteamericana CBS vai un paso máis aló, e nun dossier de prensa no que adiantan as series da nova tempada inclúen un recadro no que presentan anuncios en vídeo.
Esta iniciativa promocional conta co patrocinio de Pepsi MAX e o dossier incluirase coa revista Entertainment Weekly, aínda que a pantalla de 0,25 polgadas con reprodución de vídeo limitarase a uns poucos exemplares en cidades coma Los Angeles e New York.
Podemos ver un adianto en vídeo desta tecnoloxía (que nun futuro podería ter aplicacións coma tarxetas de felicitación, que xa non se limitarían a ser musicais, senón que poderían ser audiovisuais):

PUBLICIDADE