Enreguéifate dá a coñecer as mellores contribucións de improvisación oral galega ao YouTube

mércores, 23 de xuño do 2021 S. P.

O dúo Rimas como Balas foi un dos gañadores

Finalmente xa temos o palmarés da nova edición do certame Enreguéifate, destinado a reivindicar no YouTube, a través dunha canle propia, a longa tradición improvisación oral galega (a regueifa) entre as novas xeracións. Participaron vídeos nas redes chegados dende Ames, Baio, Cambre, Caldas de Reis, Santiago, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas e Tordoia. Houbo doce premios para outras tantas contribucións audiovisuais.
O resultado das votacións pódese ver nun vídeo onde se anuncian as regueifas gañadoras da man de Mariña e Manolo Maseda.
Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (a regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

Os Pitifláuticos con Nós queremos igualdade

Nesta edición, malia a situación sanitaria, presentouse a cifra nada desprezábel de 42 vídeos, 36 na categoría escolar e 6 na xeral, chegados desde Ames, Baio, Cambre, Caldas de Reis, Santiago, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas ou Tordoia.
O xurado estivo composto por María López, concelleira en Teo e profesora; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; e A Rabela (rapeira, filóloga e regueifeira).
Este foi o resultado das votacións que podedes ver nun vídeo onde se anuncian as regueifas gañadoras da man de Mariña e Manolo Maseda:
Categoría Xeral
A máis diversa: Chaminho e Arrieiro - Koruño vs. Rural
A máis reivindicativa: As Canosa - Máxico é o galego
A máis brava: Regheifeiras da Pontragha - Practicando para o vrau
A máis aguda: Patty e Iván - Trocando roles
A mellor falada: Xurxo Souto e Oscar o Arrieiro - Torgho de Bergantiños
A mellor cantada: Os irmáns Tato - Regueifando co protocolo
Categoría Escolar
A máis brava: Patakas Bravas - A guerra do bonito
A máis aguda: As Marías do Lamas - As Marías
A máis diversa: Pitifláuticos - Nós queremos igualdade!!!
A máis reivindicativa: Rimas coma balas - Exprésate rimando
A mellor falada: 21 garabullos - A regueixeira
A mellor cantada: Dúas moi galegas - Sons da aldea

PUBLICIDADE