En setembro poderemos rexistrar dominios .gal por 10 euros + IVE

luns, 31 de agosto do 2020 Marcus Fernández

PuntoGal recibe este especial mes de setembro e o inicio do curso cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes todo o mes, dende o día 1 e até o 30 de setembro.
Para poder aproveitar a promoción, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Dinahosting, DonDominio, Blacknight, Openprovider, Entorno Digital, Arsys e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades.
PuntoGal, que xa supera os 5.400 dominios rexistrados, segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran visibilizarse na Rede como parte da comunidade galega poidan facelo, e máis nun escenario tan complexo como o que deriva da pandemia da COVID-19.

PUBLICIDADE