En marcha unha rede social sobre a nosa cultura: Sociocultura.org

luns, 8 de xullo do 2013 Fernando Sarasketa

Redes sociais e comunidades en liña galegas hai de todo tipo e algunhas moi centradas na cultura (como por exemplo Redelibros ou, a un nivel máis xenérico e informativo, Cabozo e Chuza!, respetivamente), pero se cadra até o de agora non seu deu ningunha tan específica do noso, dos contidos que xeramos compartimos ou queremos compartir, como Sociocultura.org. Estamos, segundo informan os seus responsábeis, perante unha rede social para partillar coñecemento galego e establecer colaboracións entre xestores, posta en marcha o primeiro de xullo deste mes e aberta á participación activa de persoas, organización e empresas.
Á súa disposición teñen unha comunidade á quen ben doado incorporarse (perfís a elaborar de xeito sinxelo e gratuíto) e con todo preciso para relacionáronse cos outros membros da comunidade. Igual que acontece coas redes sociais que todos coñecemos (Facebook, Twitter, etc) pero coa vantaxe e ingrediente extra, inimitábel, de ter identidade de seu. A través dela, os seus responsábeis queren “dar resposta aos intereses e necesidades específicas das persoas e grupos formais ou informais que desenvolven a súa actividade principal no sector cultural”. A súa razón de ser é a posibilidade de dar forma, entre todas e todos, a unha rede pequena (non se propón competir con ninguén e é consciente de que non vai dar acubillo a multitudes, como as devanditas redes xerais), e que precisamente sexa esta natureza de comunidade miúda a base dun sistema confiábel e colaborador.

PUBLICIDADE