En decembro actualizarase o Opera para Wii

mércores, 12 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Opera actualizará en decembro o seu navegador web para a Wii de Nintendo, para incorporar pequenas melloras e engadir novas funcionalidades, como serían a compatibilidade con Wii Speak (o micrófono para a consola que se comezará a vender tamén en decembro), a posibilidade de ter ata 6 pestanas abertas simultaneamente, botóns con novo aspecto e a posibilidade de consultar o correo da Wii dende o propio navegador.
Os que xa teñan esta aplicación instalada poderán actualizarse de balde, mentres que o resto de usuarios deberán pagar 500 Wii points se queren gozar da web dende a súa consola doméstica.

PUBLICIDADE