En Boiro proseguen no mes de marzo os cursos de teleformación asesorada da aula CeMIT

martes, 15 de febreiro do 2022 S. P.

O Concello de Boiro compartiu a axenda formativa municipal en materia de novas tecnoloxías da información, unha axenda que novamente centralizará a aula CeMIT local. Segundo fixo saber o Consistorio, para este mes de marzo manterase a oferta formativa de cursos TIC de teleformación titorizada, coa posibilidade de realizar un exame o xoves 31 de marzo para obter os certificados destas actividades.
O obxectivo destes cursos e deste formato é conseguir que as persoas interesadas poidan levalos a cabo durante todo o mes adaptándose aos seus horarios e sen necesidade de desprazarse á aula. Pode consultarse toda a oferta formativa na web da Rede CeMIT.
Máis información sobre esta axenda de capacitación TIC do Concello de Boiro a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org, o teléfono 981 84 26 35 ou o móbil 629 769 139.

PUBLICIDADE