Empresarios da Rioxa premian a ferramenta de xestión VinoTEC

martes, 29 de abril do 2008 Raquel Noya

A Asociación de Jóvenes Empresarios e Emprendedores da Rioxa (AJER) vén de celebrar a quinta edición da súa gala anual de entrega de Premios AJER que este ano recaeu en Tipsa, pola súa innovadora solución de xestión VinoTEC, recoñecida como unha das máis avanzadas do mercado para a xestión de adegas e empresas de bebidas.
Esta ferramenta optimiza nunha única aplicación a xestión de tódolos procesos que inclúe o traballo diario das compañías usuarias e, ademais de contar co respaldo do Ministerio de Industria, foi recoñecida como add-on de Microsoft Dynamics.
Asemade, VinoTEC conta coa colaboración de Informática El Corte Inglés dentro do marco do Proxecto Traza, que oferta este software a adegas de toda España con subvencións do 75 por cento.
O galardón foi recollido polo director comercial de TIPSA, Juan Carlos Herce, de man do Conselleiro de Industria, Innovación e Emprego da Rioxa, Javier Erro Urrutia.

PUBLICIDADE